Calidade do aire
Que che ofrecemos?
Deseño personalizado dun protocolo de ventilación natural intelixente utilizando tecnoloxía CFD (Dinámica de Fluídos Computacional) que maximiza a eficiencia do fluxo do aire e minimiza a concentración de radon.
Implementación dunha ventilación natural que aproveita as correntes de aire naturais e a topografía do ambiente para crear un ambiente interior fresco e saudable.
Notificación continua dos requisitos de ventilación para manter o grao de radon no aire nuns niveis que garantan un ambiente interior seguro a longo prazo.
Cales son os beneficios de traballar connosco?
Redución significativa do risco de exposición ao radon.
Mellora da calidade do aire interior mediante a ventilación natural intelixente en ambientes de concentración de gas de 300 a 600 Bq m3 sen necesidade de realización de obra civil.
Cumprimento das regulacións e normativas relacionadas coa calidade do aire e o control de radon, garantindo unha contorna de traballo seguro e saudable.
Optimización do rendemento do sistema de ventilación empregando tecnoloxía CFD para maximizar a eficiencia enerxética e minimizar os custos operativos.
Asesoramento experto e atención personalizada en todas as etapas do proxecto, desde a avaliación inicial ata a medición final e, se é solicitado, o mantemento continuo.
En Ventilatio Lab realizamos unha valoración das instalacións para controlar o gas radon e preservar a saúde dos seus ocupantes.
Adaptámonos ás necesidades dos nosos clientes e, por iso, ofrecemos a opción de seguir un enfoque sistemático que abarque varias etapas.
A continuación, detallamos un plan xeral que poderíamos seguir:
Avaliación inicial
Revisión de planos e deseño
Estudar os planos do edificio para identificar áreas potencialmente vulnerables ao gas radon, como sotos, espazos pechados e áreas de contacto co chan.
Inspección visual
Realizar una inspección visual das instalacións para identificar posibles vías e condutos de ventilación.
Medición do radon
Selección de localizacións
Definir lugares estratéxicos para colocar os detectores de radon, preferiblemente en áreas de baixo nivel como sotos e plantas baixas, así como en zonas de uso común.
Período de proba
As medicións deben realizarse durante un período representativo, que pode variar dependendo das recomendacións da axencia de saúde local ou nacional, xeralmente duns poucos días a varios meses, dependendo do tipo de detector utilizado.
Interpretación de resultados
Comparar os niveis de radon medidos cos límites máximos legais establecidos pola lexislación local ou as directrices de organismos internacionais como la Organización Mundial da Saúde (OMS).
Estratexias de mitigación
Selado de entradas
Selar gretas nos cimentos e aberturas ao redor de tubaxes e cables para reducir a entrada de radon.
Sistemas de despresurización
Instalar sistemas de despresurización do chan baixo o edificio (sos) para capturar o radon antes de que ingrese ao edificio e expulsalo ao exterior.
Ventilación intelixente mellorada
Aumentar a ventilación en áreas propensas ao acumulo de radon, utilizando ventilación natural ou cun apoio mecánico, para diluír e eliminar o radon do interior.
Vixilancia continua
Xunto coa ventilación intelixente implementaríase un plan de vixilancia continua mediante o envío de instrucións de periodicidade diaria para asegurar que as medidas de mitigación sexan efectivas e que os niveles de radon permanezan dentro de los límites seguros.
Implementación e seguimento
Planificación detallada
Desenvolver un plan detallado para a implementación das medidas de mitigación, incluíndo cronogramas, orzamentos e asignación de responsabilidades.
Comunicación
Informar á xerencia e ao persoal sobre o plan de mitigación e as accións que levarán a cabo para asegurar a súa cooperación e comprensión.
Execución
Levar a cabo as medidas de mitigación segundo o previsto, supervisando de cerca a execución para asegurar a calidade e a eficacia.
Avaliación Postmitigación
Realizar medicións de radon despois da implementación das medidas de mitigación para avaliar a súa eficacia e axustar o plan segundo sexa necesario.
Educación e concienciación
Capacitación do persoal
Proporcionar formación ao persoal sobre o radon, como se mitiga, e as prácticas operativas que poden reducir a exposición.
Información para usuarios,visitantes e provedores
Desenvolver material informativo sobre as medidas tomadas nas dependencias para garantir un ambiente seguro e saudable.
As nosas solucións
Informe básico
Dado un certo número de ocupantes nunha sala e a súa localización, este informe daría a calidade do aire en cada punto do local o posto de traballos, estudando el CO2 o el radon segundo fora o caso.
Informe completo
Ademais da información anterior, incorporaríase un estudo de optimización da localización dos ocupantes, así como o seu número.
Informe avanzado
Neste caso valoraríanse a inclusión de outras entradas de aire (ventilación forzada) e a súa localización.
Os nosos clientes
Os nosos clientes son responsables do patrimonio artístico, de espazos con fluxos públicos de persoas e/ou traballadores da industria do frío, fabricantes de UAVs, operadores de UAVs, empresas de transporte e empresas industriais de equipos susceptibles de ser trasladados mediante carga aérea.
Captamos aos nosos clientes a través da rede de empresas que participaron na Business Factory Aero (BFAero). Ao comezo, concertamos unha reunión individualizada para proponer la solución más adecuada ás súas necesidades, como pode ser a optimización de deseños ou do plan de voo.