Industria
En Ventilatio Lab desenvolvemos o noso xemelgo dixital do túnel de vento despois de anos de investigación conxunta entre científicos recoñecidos internacionalmente dos grupos de investigación da USC.
Este banco de probas virtual permítenos estudar diferentes tipos de problemáticas en diversas áreas do coñecemento e da industria. Desta forma, redúcense substancialmente os custos nas fases de deseño e de comprobación experimental de diferentes dispositivos.
Utilizamos a tecnoloxía CFD para simular con realismo e eficacia o comportamento aerodinámico de calquera obxecto aéreo en diferentes condicións atmosféricas e de voo. Este protocolo tecnolóxico aporta información fiable e fácil de usar, permitindo aos enxeñeiros realizar simulacións detalladas.
As técnicas dos competidores céntranse en protocolos previos ao voo que seguen una serie de pasos e consideracións: planificación do voo, preparación do equipo, verificación previa ao voo, configuración do voo, voo seguro, aterraxe seguro, postvoo, etc.
Estes pasos son obrigatorios e consumen tempo e recursos, con independencia dos datos proporcionados polas probas para as que ese voo de UAV (Vehículo Aéreo Non Tripulado) foi programado.
Pola contra, a nosa solución permite, a través de simulacións computacionais, calcular as forzas aerodinámicas que actúan sobre un UAV, axudando a detectar potenciais problemas no dron antes do seu voo inicial.
Os nosos clientes
Os nosos clientes son responsables do patrimonio artístico, de espazos con fluxos públicos de persoas e/ou traballadores da industria do frío, fabricantes de UAVs, operadores de UAVs, empresas de transporte e empresas industriais de equipos susceptibles de ser trasladados mediante carga aérea.
Captamos aos nosos clientes a través da rede de empresas que participaron na Business Factory Aero (BFAero). Ao comezo, concertamos unha reunión individualizada para propoñer a solución máis adecuada ás súas necesidades, como pode ser a optimización de deseños ou do plan de voo.