Quen somos
En Ventilatio Lab, que naceu como spin-off da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, buscamos solucións no ámbito da mecánica de fluídos a través do desenvolvemento dun conxunto de investigacións en tecnoloxía de análise de dinámica de fluxos centrando a súa aplicación na industria, mantemento do patrimonio e calidade do aire.
O Plan Nacional contra o Radon ten por obxectivo principal protexer a saúde da poboación e os traballadores fronte aos riscos derivados da exposición a este gas radioactivo.
Esta directiva establece a necesidade de levar a cabo plans de acción para reducir, a curto e medio prazo, o risco de cancro de pulmón atribuíble á exposición ao radon.
Para iso, establécese un valor de referencia para a media anual da concentración de radon nos fogares e lugares de traballo en todas as rexións da Unión Europea.
Normativa
Este plan desenvólvese baixo o marco normativo do Real Decreto 1029/2022, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre protección da saúde fronte os riscos derivados da exposición a radiacións ionizantes. Este publicouse no Boletín Oficial do Estado o 21 de decembro de 2022, de acordo coa Directiva Europea 2013/59/Euratom do Consello, de 13 de decembro de 2013.


O capítulo III do real decreto establece que, cando nun lugar de traballo existan zonas con concentracións de radon no aire que superen, en media anual, o nivel de referencia -300 Bq/m³-, o titular da actividade laboral deberá levar as medidas necesarias para reducir as concentracións e/ou a exposición ao radon.
Ademais, establecese que a entrada en vigor da devandita norma será 18 meses despois da súa publicación no BOE, é dicir, en xuño de 2024.
É por iso que é imprescindible que os establecementos comecen a levar un control dos seus niveis de radon ao longo do tempo, con efecto practicamente inmediato.
En Ventilatio Lab propoñemos unha solución mediante a dinámica de fluídos computacional (CFD, polas súas siglas en inglés) e ofrecemos unhas pautas de ventilación de forma que os niveis de radon se manteñan o maior tempo posible por baixo do límite legal.
El sistema referido é idóneo para edificacións encadradas nas zonas de actuación prioritaria por exposición ao radon como a zona do Polígono do Tambre ou Costa Vella e que, polas súas características, é onerosa a realización de obras que mitiguen as concentracións deste gas radioactivo no interior dos mesmos.
A data de hoxe realizamos con éxito varios estudos da Catedral de Santiago de Compostela co obxectivo de controlar a calidade do aire desta edificación. O noso modelo matemático de ventilación intelixente diminuíu a niveis ínfimos a concentración de tóxicos volátiles, como o CO₂ ou o radon.



Nestes momentos estamos a realizar un estudo noutras dependencias da zona monumental de Santiago de Compostela. Inclúe tanto a medición dos niveles de radon, como a mitigación por ventilación natural a partir dos modelos realizados mediante a dinámica do fluxo laminar do aire.
As características das edificacións, catalogadas como de interese cultural, ou pola súa situación nas zonas históricas das cidades, fanas idóneas para a solución achegada pola empresa.
O noso equipo

Alberto P. Muñuzuri
Socio fundador
Profesor de física da Universidad de Santiago de Compostela. Coordinador do grupo de Física No Lineal, membro de CITMAga. Colaborador de diversas universidades de Alemania, Francia, Arxentina e Estados Unidos. Intereses científico-técnicos: Dinámica de fluidos, Microfluidica, Sistema complexos, Modelización da biofísica.

Alberto Otero Cacho
Socio fundador
Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Máster en Matemática Industrial e Simulación Numérica e MBA en Xestión Industrial. Intereses científico-técnicos: Dinámica de fluídos computacional, Modelización de procesos biolóxicos, Deseño asistido por ordenador.

Jorge Mira Pérez
Socio fundador
Catedrático do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e membro do iMATUS (Instituto de Materiais da USC). Coautor de traballos coma o Premio Nobel 2019 John Goodenough. Medalla Galicia de Investigación 2022, na área de matemáticas, física e ciencias da computación. A súa experiencia no campo da dinámica de fluídos inclúe a codirección de proxectos institucionais, o máis recente un sobre a dinámica do aire interior da Catedral de Santiago.

Joaquín Iglesias Fabeiro
Xerente
Responsable da dirección estratéxica, comercial e de máketing, negociación de acordos comerciais e xestión de recursos humanos e financeiros. Coa experiencia contrastada no ámbito de RR.HH., lexislación laboral e administración de recursos.

Sylvana Varela Ballesta
Directora científica
Doutor en Enxeñaría. Foi investigadora e profesora asociada na Universidade Rovira i Virgili (Tarragona) e axudante e axudante no ámbito da investigación e a docencia na Universidade da República (Montevideo). Participou no estudo experimental de fluxos confinados con reacción química e no estudo numérico de fluxos turbulentos na cámara de aspiración dunha bomba de engrenaxes; na produción e caracterización de partículas de alxinato para a visualización de fluídos e na fabricación de microcanles para o estudo das interaccións de partículas de diferentes diámetros. Na actualidade, dedícase ao deseño e caracterización de aparellos para caracterizar a reoloxía de fluídos e suspensións complexas, biolóxicas.

Marcos Suárez Vázquez
Licenciado en Física en 2022 e Máster en Física en 2023 pola Universidade de Santiago de Compostela. Con experiencia en programación, simulación e dinámica de fluídos computacional (CFD), empregando software como StarCCM+, pola súa experiencia laboral en Ventilatio Lab SL.

Jose Manuel Sánchez Pico
Licenciado en Física no ano 2023 e estudante do Máster en Matemática Industrial na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en simulacións de mecánica de fluídos, acústica e electromagnetismo.